Os bosques ofrécenlles ás sociedades modernas unha ampla serie
de beneficios, no plano ecolóxico (como soportes da biodiversidade, protectores do solo, reguladores do ciclo hidrolóxico e sumidoiros de carbono), no social (valores paisaxísticos, territorio
privilexiado para o esparexemento, espazo fundamental na cultura tradicional…) e -evidentemente- no económico (produción
de madeira e outros produtos forestais non-madeirables, froitos
silvestres, caza, pesca, biomasa, plantas aromáticas e medicinais,
cogomelos, pasto…).